XOEL MÉNDEZ (Ourense, 1981). Licénciase en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, estudos que conclúe na École des Hautes Études Rennes II na especialidade de Cinema e Televisión.

En 2005 remata o Máster en Documental Creatiu pola Universitat Autónoma de Barcelona. En 2007 inicia a súa andaina coma director e guionista no eido televisivo. En 2008 presenta Cantos Rodados, o seu primeiro documental para televisión que ten tamén percorrido por festivais. Nos anos seguintes realiza e guioniza diversas reportaxes e programas para a Televisión de Galicia.

En 2010 emprende unha viaxe arredor do mundo. Ao seu regreso, en 2014 salda a súa conta pendente coa música e autoedita catro lp’s e un ep co seudónimo Xo, álbumes publicados en Bandcamp: www.ninarreninxo.bandcamp.com

En 2012 embárcase nun novo proxecto audiovisual, Wu Xing, unha pentaloxía documental que evoca o ciclo dos elementos da tradición chinesa. Dúas das pezas desta serie, as longametraxes 10/7 e Covada, receben o apoio da AGADIC á escritura de guión. Outra delas, Venezia, atópase en fase de postprodución.

En 2017 a súa opera prima 10/7, é seleccionada para participar no laboratorio Arché,  dentro do Festival Porto/Post/Doc. En 2018 recebe unha Axuda de Talento da Agadic a Proxectos de longametraxes cinematográficas e ten prevista a súa estrea no 2019.

Arestora compaxina a súa actividade de cineasta coa de videógrafo, guionista, realizador, produtor, músico e docente.



Scroll Up