A Agadic impulsa 13 novos proxectos de guións, curtas e longametraxes a través das axudas ao talento audiovisual [16/05/2018]

A Agadic publica hoxe a resolución da convocatoria anual de subvencións ao desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego. A través dela, adxudica 145.000 euros a 13 novos proxectos, dos que cinco corresponden á modalidade de escrita de guións, cinco á de realización de curtametraxes e tres á de longas de dirección novel.

O obxectivo destas axudas, pioneiras no seu ámbito dentro do panorama audiovisual español, é contribuír á incorporación de novos creadores á industria audiovsiual galega, ao tempo que promover propostas narrativas de especial valor cinematográfico e favorecer o enriquecemento cultural de Galicia mediante as distintas formas de expresión audiovisual. Unha comisión independente foi a encargada de seleccionar as 13 propostas subvencionadas, de acordo co baremo que estipulan as bases.

Dirección novel
Da contía total adxudicada, 90.000 euros correspóndenlle a tres proxectos de longametraxes de realizadores que están dando os seus primeiros pasos no formato de longa duración: Aquel sol do verán, de Lara Bacelo, presentado por Madre Films; 10/7, de Xoel Méndez, presentado por Noveolas Producciones; e Alén mar, de Andrés Sanjurjo García.



Scroll Up